A idea do aparcadoiro BEN en BICI xurde por dous motivos principalmente, en primeiro lugar en este mesmo instante estamos sufrindo a nivel mundial un cambio no transporte a causa das emisións de gases de efecto invernadoiro e partículas nocivas para a saúde que producen os transportes convencionais e en gran medida nas cidades os automóbiles. En segundo lugar no noso centro temos problemas de estacionamento tanto dentro para estacionar o persoal do centro como fora do recinto para estacionar o alumnado e visitas.
A mellor maneira de gañar espazo de estacionamento é sen dúbida cambiar os hábitos de desprazamento utilizando transportes públicos adaptándonos aos horarios e recorridos ou vir a traballar ou estudar en bicicleta con moita máis flexibilidade horaria e recorrido porta a porta.